Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Administración Dixital e Intervención Pública | Código | 612539006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A1 A11 A20 B4 B11 B14 C4 C6 | Ao/os estudantes deberán estudiar os casos plantexados na aula seguindo as instrucións indicadas polo profesorado. | 30 |
Presentación oral | A20 B1 B11 B14 C6 | As/os estudantes recibirán encargos por parte do profesorado, que deberán realizar e presentar oralmente nás sesións que se sinalen ao efecto. | 30 |
Proba obxectiva | A2 A11 A16 B4 C3 | Os/as estudantes realizarán unha ou varias probas obxectivas sobre as lecturas facilitadas para a preparación e estudo da materia. Estas probas deben aprobarse para poder superar a asignatura. | 40 |
Observacións avaliación | |||
A cualificación final da materia obterase da suma dos puntos obtidos na avaliación continua e os puntos obtidos na proba obxectiva de final de cuadrimestre. 1º) Avaliación continua (60%): O profesorado avaliará o traballo realizado polos/as estudantes ao longo do cuadrimestre, dentro e fose da aula, cun máximo de 6 puntos. Para iso, os/as estudantes deberán asistir a clase e deberán realizar as actividades encargadas polo profesorado nos prazos e coas condicións que se dispoñan. Para recibir os puntos de avaliación continua esixirase unha asistencia ao 80% das clases, salvo nos casos de estudantes a tempo parcial que obteñan dispensa académica*. 2º) Proba obxectiva (40%): Ao final do cuadrimestre, os/as estudantes deberán realizar unha proba obxectiva sobre os contidos explicados na aula e as lecturas entregadas polo profesorado. Para aprobar a materia é imprescindible aprobar esta proba. *Observacións: Os/as estudantes a tempo parcial con dispensa académica serán cualificados/as de acordo con os mesmos criterios de avaliación, coas seguintes particularidades: A asistencia mínima esixida para recibir os puntos de avaliación continua será do 40%. O profesorado encargará actividades de avaliación continua complementarias, equivalentes en tempo de realización ao 40% da asistencia dispensada”. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso ("0") na materia na oportunidade correspondente. |