Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Traballo Fin de Máster | Código | 612539013 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Investigación (Proxecto de investigación) | A17 A20 B6 B8 B9 B22 | A investigación plasmarase nun traballo escrito, que será obxecto de avaliación polo Tribunal. | 70 |
Presentación oral | B9 B22 C1 | O TFM defenderase presencialmente ante un Tribunal composto por tres profesores ou profesoras do Plan de Ordenación Docente do MUDDIA, cuxo nomeamento corresponde á Comisión Académica do Mestrado. Tras a presentación do TFM por parte do alumno ou a alumna, os membros do Tribunal realizarán as pertinentes observacións, tanto a modo de preguntas como a modo de recomendacións. O presidente ou presidenta ofrecerá ao alumno ou alumna unha quenda de réplica. |
30 |
Observacións avaliación | |||
O Tribunal valorará o contido do TFM (70%) e a exposición oral (30%) e outorgará unha cualificación numérica entre 0 e 10. Concederase a cualificación de Matrícula de Honra ao mellor TFM. Procedemento para a defensa do TFM no MUDDIA (adaptación do art. 4.5 da Normativa UDC reguladora da matrícula e defensa do TFG e TFM 2024): a) O estudantado do MUDDIA deberá defender o seu TFM nun acto público de forma presencial. b) Excepcionalmente e por causa debidamente xustificada, o/a estudante poderá solicitar a defensa do seu TFM en modalidade híbrida ou virtual. c) A tal efecto, o/a estudante presentará unha solicitude motivada e debidamente acreditada ante o/a decano/a do centro, explicando a causa alegada, con un mínimo de quince días de antelación ao acto de defensa, salvo que se dé unha circunstancia urxente, tamén acreditada. d) O/A decano/a resolverá unha vez comprobado que se dan as condicións legais, administrativas, técnicas, económicas ou doutra índole que xustifiquen a modalidade de defensa híbrida ou virtual do TFM. |