Esta materia forma parte das materias de formación básica do primeiro curso do Grao en Dereito. Está situado no primeiro cuadrimestre e consta de seis créditos ECTS (6 ECTS).
Considérase unha materia básica porque estuda os conceptos fundamentais da economía e da contabilidade nacional. Estes conceptos son útiles, non só para o estudantado de Dereito como tales, senón tamén para os/as cidadáns que realizan actividades económicas na súa vida diaria (consumir, investir, recibir subvencións públicas, pagar impostos e tomar moitas outras decisións económicas).
Tendo en conta que o coñecemento da materia é parte fundamental de toda actividade económico-financeira, empresarial, social, xurídica ou política, a materia é necesaria e imprescindible no marco do Grao en Dereito.
Detrás ou diante de cada fenómeno social hai un transfundo o una vertente de carácter económica. O enfoque da Economía convencional céntrase nos incentivos económicos a axentes racionais. Aínda que existen outros enfoques, como o da Economía Marxista ou a Institucional, neste curso centrámonos en entender os principios básicos da ciencia económica no referido a incentivos privados a axentes racionais, oferta e demanda, e equilibrio de mercado. Ao tempo, preténdese proporcionar un aparato metodolóxico que axude a razoar en termos económicos, o que inclúe algo de ferramentas gráficas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías