Sesión maxistral |
As sesións maxistrais constituirán a base teórica que facilite os coñecementos esenciais ao alumno sobre a materia |
Estudo de casos |
Estudo de casos prácticos, análises de textos xurídicos ou de xurisprudencia que os docentes expoñan aos alumnos/ as. Esta actividade poderá ser presencial ou non presencial. |
Discusión dirixida |
Esta actividade será realizada de modo presencial e consistirá na posta en común de opinións sobre unha materia, ou ben, na resolución común de problemas actuais que estean directamente relacionados co obxecto de estudo |
Proba obxectiva |
Exame final e, no seu caso, exame parcial (se así o establece o profesor encargado dese grupo).
Durante a primeira semana lectiva do cuadrimestre, o profesor responsable do grupo tamén poñerá de manifesto os mecanismos concretos de avaliación que serán empregados durante o cuadrimestre. |
Traballos tutelados |
Os profesores das diferentes materias integradas no Módulo poderán suxerir o desenvolvemento de traballos individuais ou por grupos sobre un tema concreto.
Devanditos traballos poderán influír positivamente, no seu caso, na avaliación global do cuadrimestre.
|