| Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
| Asignatura | Dereito Penal. Parte xeral | Código | 612G01010 | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| 1º e 2º Ciclo | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Metodoloxías | Descrición |
| Discusión dirixida | Nas clases prácticas, o docente organizará debates sobre temas penais de actualidade. |
| Aprendizaxe colaborativa | Os estudantes traballarán en grupo diversos temas, debendo mostrarse activos e colaboradores cos compañeiros do seu grupo. |
| Estudo de casos | A praxe é un dos elementos clave da nosa disciplina. Por el, a formulación e resolución de casos prácticos en clase será un dos elementos basilares do desenvolvemento da docencia. |
| Eventos científicos e/ou divulgativos | Ao longo do curso, a Área organizará diversas xornadas, conferencias, etc. sobre temas de interese para o estudante, complementándose así a súa formación. |
| Lecturas | Ao longo do curso poderá proxectarse un filme, que será a base para a análise dalgunhas cuestións penais básicas. |
| Presentación oral | A lo largo del curso, los estudiantes deberán presentar ante sus compañeros las conclusiones del trabajo tutelado al que se hace referencia infra. |
| Proba obxectiva | Formulación de preguntas acerca dos temas do programa da materia |
| Proba oral | Non haberá proba oral. |
| Saídas de campo | Organizaranse visitas aos diversos xulgados e tribunais da cidade, co fin de que o estudante poida ver in situ o desenvolvemento da praxe xudicial. |
| Sesión maxistral | Tendo en conta que o programa vén dividido en 21 leccións, a metodoloxía docente discorrerá do seguinte modo: a cada lección corresponderalle unha hora teórica na que -mediante o sistema de lección maxistral- o docente introducirá o estudante nos aspectos básicos de cada tema. Como soporte ás súas explicacións, o docente poderá proporcionar materiais (sentenzas, extractos de obras doutrinais...) e, eventualmente, un esquema-guía cos puntos clave do desenvolvemento da súa explicación. En todo caso, a explicación do docente deberá ser complementada polo estudante tanto cos materiais que lle fosen proporcionados ao efecto como pola consulta dos manuais que aparecen na bibliografía recomendada. |
| Solución de problemas | O docente formulará tanto nas horas teóricas coma nas prácticas problemas conceptuais de certo calado, debendo o alumno, apoiado polos materiais ofrecidos e o razoamento xurídico, ofrecer posibles solucións (en todo caso, sempre deberán ser fundamentadas e razoadas). |
| Análise de fontes documentais | Análise das principais fontes de Dereito penal |
| Traballos tutelados | Ao longo do curso, o docente poderá tutorizar traballos sobre aspectos particularmente interesantes do programa co fin de que o estudante adquira certas nocións de como se investiga nas disciplinas xurídicas, manexo de bibliografía etc. As conclusións do devandito traballo deberán ser presentadas ante os seus compañeiros, fomentándose así o intercambio de ideas. |