No desenvolvemento desta materia débese incentivar un uso sostible dos recursos, orientado a previr impactos negativos no medio
natural, procurando que a entrega dos traballos sexa por medios
virtuais ou, cando deban de ser impresos, que se fagan en papel reciclado e a dobre cara. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Isto implica que se usará linguaxe non sexista tanto nos traballos entregados polo alumnado como nos materiais preparados polo profesorado, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, ...). Así mesmo, traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, así como situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |