Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Actuación e bens das administracións públicas | Código | 612G01017 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
1º e 2º Ciclo | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas clínicas | A3 A4 A13 A15 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 | As actividades específicas ou practicas desenvolvidas ao longo do cuadrimestre nos grupos reducidos terán un valor máximo do 60% da cualificación final. Os/as profesores/as dos correspondentes grupos poderán outorgarlles caracter liberatorio a algunha destas actividades específicas ou prácticas. No caso dos grupos da mañá e tarde de grao en Dereito, para superar a materia polo sistema de avaliación continua é imprescindible asistir ao 80% das clases interactivas e obter unha cualificación media nas avaliacións das prácticas de aprobado (30 puntos sobre 60). No grupo da simultaneidade Dereito-Ade, as actividades prácticas dos grupos reducidos terán un valor do 50% da cualificación final. |
60 |
Proba obxectiva | A1 A7 | Ao longo do curso poden realizarse unha ou varias probas obxectivas. Unha destas probas realizarase na data que determine o calendario oficial de exames en xuño e en xullo. En cada proba estableceranse previa e claramente os criterios para obter as cualificacións e, no seu caso, para liberar unha materia. No caso dos grupos da mañá e tarde de grao en Dereito, para superar a materia, será preciso sacar un mínimo de aprobado na proba obxectiva (20 puntos sobre 40). No grupo da simultaneidade Dereito-Ade, o exame final (cunha valoración do 50% da nota final) consistirá nunha proba obxectiva de 40 preguntas tipo test e un caso práctico. Estas modalidades de exame representarán, respectivamente, o 40% e o 10% dese 50% do exame final. No entanto, será necesario resolver correctamente 25 preguntas do test para poder sumar a cualificación do exame práctico e a valoración da avaliación continua das actividades prácticas. A valoración da avaliación continua mantense, en todo caso, para a segunda oportunidade. |
40 |
Observacións avaliación | |||
1) Na segunda oportunidade conservarase con carácter xeral a cualificación da avaliación continua obtida na primeira oportunidade, salvo que o estudante opte por mellorar a súa cualificación mediante a realización de actividades prácticas. 2) Os alumnos que non sigan o sistema de avaliación continua, é dicir, que 3) O profesorado responsable de cada grupo poderá establecer adaptacións específicas -consistentes en potenciar metodoloxías docentes non presenciais- no caso do estudantado que tivera concedida unha dispensa de asistencia a clase. 4) O plaxio na realización de actividades ou probas determinará a cualificación de suspenso nas mesmas, sen prexuízo doutras responsabilidades que se deriven da aplicación da normativa académica da UDC. |