A finalidade primordial da materia é o estudo do ius puniendi estatal nas súas vertentes penal e administrativa. Na mesma analizaranse os elementos estructurais que conforman o exercicio da acción penal e a imposición de sancións administrativas. Particularmente, desde a perspectiva do Dereito Penal abordaranse cuestións tales como qué sentido teñen as penas, qué clases de penas existen, cómo se aplican, cómo impactan por razón de xénero, en qué tipo de responsabilidade poden incurrir as personas xurídicas, etc. Pola súa parte, e cun enfoque propio do Dereito Administrativo, examinarase unha das actividades administrativas que presenta unha singular incidencia na esfera xurídica dos particulares, como é a potestade administrativa sancionadora, tratándose tanto os aspectos sustantivos como procedimentais que rixen o seu exercicio.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías