| Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
| Asignatura | Filosofía do Dereito | Código | 612G01026 | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| 1º e 2º Ciclo | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Temas | Subtemas |
| 1. A Filosofía do Dereito como comprensión e como crítica do Dereito contemporáneo. | 1. A Filosofía do Dereito como saber histórico. 2. Pensar o propio tempo, tarefa da Filosofía do Dereito. 3. Por onde comezar? O problema do punto de partida. O paradigma dominante como punto de partida: a Modernidade (cultural, política e xurídica) e o positivismo xurídico. |
| 2. Modernidade xurídica e positivismo xurídico. | 1. O positivismo xurídico: aproximación descritiva. 2. As bases teóricas e ideolóxicas do Estado moderno. 3. As transformacións do Dereito a partir da Codificación. 4. A aspiración a facer do Dereito unha ciencia: a ciencia xurídica no século XIX e primeira metade do século XX. |
| 3. As deficiencias da paradigma positivista. | 1. A unilateralidade do concepto positivista de Dereito. 2. As dificultades do positivismo para explicar a práctica xurídica e para proporcionar instrumentos que permitan operar nela. 3. O carácter ideolóxico do cientificismo e a índole necesariamente valorativa da actividade xurídica. |
| 4. O Dereito actual: evolución dos sistemas xurídicos occidentais desde a segunda metade do século XX e comezos do XXI | 1. Constitucionalización dos sistemas xurídicos. 2. Superación do marco do Estado e da ecuación Estado-Dereito. 3. O debate sobre as fontes da lexitimidade: democracia vs. rule of Law ou Estado de Dereito 4. Novos dereitos humanos fronte a dereitos humanos clásicos ou consolidados. 5. Poder e política na modernidade liquida. |
| 5. Intentos de canalizar a dimensión argumentativa e deliberativa do Dereito. | 1. Algunhas teorías da argumentación. Aportacións e límites. |
| 6. Bases para a construción dunha filosofía xurídica capaz de dar conta do Dereito actual. | 1. Unha perspectiva hermenéutica fundada ontoloxicamente. 2. O Dereito como forma de coexistencia. |
| 7. As teorías da xustiza e as súas proxeccións nos debates contemporáneos | 1. As matrices históricas: utilitarismo, libertarismo, kantismo e aristotelismo. 2. Mercado e moral. 3. A xustiza política e a ética socialdemócrata contemporánea (Rawls). 4. Argumentos a favor e en contra da discriminación positiva. Feminismo e políticas de xénero. 5. A cuestión dos méritos. 6. Virtude cidadá e as esixencias e límites da lealdade: o que nos debemos uns a outros. 7. Xustiza e ben común. 8. Sustentabilidade. 9. A invasión dos mercados sobre a moral: da subrogación do corpo feminino á compra de honras. 10. A débeda norte-sur e a responsabilidade dos países desenvolvidos. |