| Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
| Asignatura | Filosofía do Dereito | Código | 612G01026 | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| 1º e 2º Ciclo | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Metodoloxías | Descrición |
| Sesión maxistral | Terán un carácter introdutorio aos principais temas da materia, ou ben de recapitulación. Esta metodoloxía relaciónase coas competencias A4, A6, e A8. |
| Lecturas | O desenvolvemento do pensamento crítico e da aprendizaxe autónoma aconsellan que o estudo estea baseado nunha reflexión directa dos estudantes a partir da lectura de textos clásicos e contemporáneos, así como textos normativos -lexislativos e xurisprudenciais-, referidos a parte dos contidos temáticos da materia. Esta actividade relaciónase coas competencias A4, A6, A10, B1, B3, B4 e C6. |
| Seminario | Os seminarios celebraranse en grupos reducidos para analizar e debater as cuestións referidas á teoría da xustiza indicadas no tema 7. Esixen participación activa dos estudantes, quen deberán expor e analizar criticamente os textos e as cuestións obxecto de cada sesión. Serven para desenvolver as habilidades argumentativas, orais e escritas, e un pensamento sistemático, creativo e crítico. Esta metodoloxía relaciónase coas competencias A4, A5, A8, A10, B3, B6, C1, C4 e C6. |
| Proba oral | Trátase dunha proba que combina proba obxectiva e proba de desenvolvemento. Serán obxecto de avaliación mediante este tipo de proba os contidos de sesións maxistrais, incluíndo as lecturas relacionadas cos contidos dos 6 primeiros temas. Esta actividade relaciónase coas competencias B1, B3, C1 e C6. |