Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Dereito Procesual Penal | Código | 612G01028 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
1º e 2º Ciclo | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Estudo de casos | Durante o curso proporanse ao estudantado diversos supostos de feito co obxectivo de reforzar a aprendizaxe e contribuír á avaliación. Estes supostos prácticos poderán consistir en dous tipos fundamentais: 1. Análise de textos xurídicos ou con contido xurídico. Proporase neste caso a lectura dalgún traballo doutrinal ou académico, ou mesmo literario ou cinematográfico (visionado), ao obxecto de identificar e comentar os diferentes problemas xurídicos que se podan atopar no mesmo e propiciar a discusión sobre principios ou institucións claves do dereito procesual penal. 2. Resolución de casos prácticos. A partir dalgún suposto de feito, solicitarse a análise dos aspectos xurídico-procesuais-penais do mesmo, e a resolución das cuestións planteadas, ben sexa directamente, ben sexa a través da redacción dun escrito procesual (querela, recurso, sentenza, etc.). A resolución destes traballos poderá propoñerse individualmente ou en equipo. Trala entrega dos mesmos polo alumnado ao profesor/a, procederase á discusión na aula. |
Proba obxectiva | Para a avaliación da aprendizaxe efectuarase cando menos unha proba de carácter obxectivo, que podrá conter dúas partes separadas, unha primeira de análise dos contidos teórico-prácticos da materia, a través dun exame tipo test, e unha segunda - opcional - de carácter práctica, a través da resolución dun caso práctico na aula durante o tempo de duración da proba- . |
Estudo de casos | As principais cuestións teóricas e prácticas do curso serán introducidas a través da explicación do profesor/a na aula, onde se exporán as súas caracterísitas principais, o seu encadre na arquitectura institucional do proceso penal e as implicacións prácticas máis relevantes. |