Proba de resposta múltiple |
A1 A2 A4 A5 A7 B7 B9 B11 B2 B3 B5 |
Avaliarase, cun 60%, a correcta aprendizaxe dos contidos básicos da materia. O exame será de tipo test e poderá ter diferentes extensións en función dos modelos A e B. |
60 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A4 A10 A11 A14 B7 B8 B9 B10 B11 B2 B5 |
As actividades dirixidas representarán o 15% da nota final e consistirán na elaboración de traballos de investigación, na reflexión das solucións a casos prácticos, para cuxa elaboración ou resolución o docente dotará ao alumnado das necesarias orientacións didácticas e instrucións formativas, bibliográficas e documentais. |
15 |
Presentación oral |
A12 B12 B2 B3 B5 C1 C2 |
Avaliarase cun 10% a presentación oral dos traballos tutelados. A valoración incluirá o dominio da materia obxecto do traballo así como as sólidas respostas aos interrogantes e as cuestións expostas tanto polo resto do alumnado como polo docente. |
10 |
Análise de fontes documentais |
A9 A10 A11 B9 B10 B13 C6 |
Valorarase, cun 5%, as intervencións e debates de e entre os alumnos e o docente sobre informacións de viva actualidade publicadas en prensa ou nos diferentes medios de comunicación.
|
5 |
Para a superación da materia será requisito imprescindible acadar,
como mínimo, tres puntos en la prueba de respuestas múltiples e dous puntos da
parte práctica. A nota resultante será a suma das puntuacións. Para a segunda
oportunidade do mes de xuño, gardarase a nota da parte prácica. Os
alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial así como os alumnos con
dispensa académica de exención de asistencia realizarán unha proba de resposta
múltiple propia e específica atendidas as súas circunstancias así recoñecidas.
A realización práctica da proba de resposta múltiple adaptarase ás especiais
circunstancias que ocasionalmente poidan concorrer nos alumnos con
discapacidade. A realización fraudulenta das probas
ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade
correspondente.
|