Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B14 B18 B19 B22 B23 B24 B25 C2 C3 C4 C6 C8 Desenvolvemento de traballos tutelados baseados en escenarios reais para a aplicación dos conceptos tratados nas sesións maxistrais. 50
Presentación oral A1 A2 B24 C1 Presentación oral dos traballos desenvolvidos ao longo do curso. 20
Proba obxectiva A1 A2 B1 B3 B14 B19 B22 B23 B24 C1 Proba escrita da materia na data oficial aprobada polo centro. 30
 
Observacións avaliación
  • Será necesario acadar unha calificación superior ao 50% nos traballos tutelados e na presentación oral.
  • Os criterios de avaliación para os alumnos que non poidan asistir a clase por ter autorizada a asistencia parcial serán os mesmos pois os enunciados estarán publicados e o material de apoio utilizado nas clases tamén. Quérese sinalar con todo a importancia da asistencia ás clases prácticas para a realización dos traballos.
  • A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
  • Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  • Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
O resto de aspectos relacionados coa “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeránse de acordo coa normativa académica vixente da UDC."