Presentación oral |
|
Cada alumno de cada grupo de prácticas deberá defender unha parte desta.
Valorarase o coñecemento global da práctica e do contexto da aplicación plantexado na mesma, a defensa realizada, a iIntegración da súa parte no contexto global da mesma, a claridade do documento de presentación, e a capacidade de responder axeitadamente as cuestións plantexadas. |
20 |
Prácticas de laboratorio |
|
Os alumnos realizarán unha práctica de análise e xestión de riscos. |
10 |
- Os criterios de avaliación para os alumnos que non poidan asistir a clase por ter autorizada a asistencia parcial serán os mesmos pois os enunciados estarán publicados e o material de apoio utilizado nas clases tamén. Quérese sinalar non obstante a importancia da asistencia ás clases prácticas para a realización dos traballos.
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
O resto de aspectos relacionados coa “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC."
|