Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A5 A9 A10 B10 B14 B18 B19 C6 C7 C8 Ao longo do cuadrimestre realizaranse probas obxectivas basadas na aplicación práctica do contidos da materia, así como o seguemento do traballo do alumnado, para avaliar os contidos teóricos tratados nas sesións maxistrais. 40
Prácticas a través de TIC A5 A10 B1 B13 B16 B17 B22 As prácticas da materia consistirán en diferentes actividades relacionadas co uso de clouds públicos (AWS e Azure), a programación de aplicacións Map/Reduce e a implantación de clous privados con OpenNebula. É preciso aprobar (nota igual ou superior ao 50%) tódalas prácticas da asignatura. 40
Traballos tutelados B5 B9 B21 B22 B23 B25 C6 Os traballos tutelados serán opcionais e sobre algún tema a convenir entre o alumnado e o profesor. 20
 
Observacións avaliación

Co traballo obrigatorio que ten que realizar o alumno (probas obxectivas e prácticas obrigatorias) pode conseguirse ata un 80% da nota total da materia. O 20% restante pode conseguirse realizando un traballo tutelado opcional.

Para a segunda oportunidade (convocatoria de xullo) haberá unha segunda data de entrega das prácticas e traballos tutelados, non máis tarde da data oficial de exame.

Os estudantes con matrícula a tempo parcial poderán seguir a materia sen problemas, xa que a realización das prácticas avaliables non require presencialidade.

Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.