Esta materia cumprirá coas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria, respectando a perspectiva de xénero (e.g.,
buscarase usar linguaxe non sexista).
Seguiranse as indicacións do Green Campus en temas de sostibilidade, incluíndo:
- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
- Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
- Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
|