Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Desenvolvemento da parte teórica coa exposición dos fundamentos necesarios da Análise e Deseño, as Linguaxes de Modelado, as Metodoloxías do proceso de desenvolvemento e, por último, algúns principios de Organización e Control de proxectos de Sistemas de Información.
Tratarase de estimular a participación propondo o comentario e discusión crítica dos conceptos explicados.
Proba mixta Avaliación do coñecemento dos contidos teóricos e prácticos da materia.
Prácticas de laboratorio Aplicación dos coñecementos teóricos a un caso práctico, incluíndo entrevistas con clientes e análise dos requisitos expostos. O alumno debe ser capaz de redactar e validar unha especificación de requisitos.