Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O/A estudante informará ao/á titor/a académico/a das tarefas que está a realizar.

Ao rematar a práctica, o/a estudante entregará un informe onde enumere e explique en detalle as tarefas realizadas, a contorna tecnolóxica utilizada -ferramentas, estándares e metodoloxías-, evitando as cuestións que poidan considerarse confidenciais. A extensión recomendada para este documento é de aproximadamente 10 páxinas.

O/A titor/a profesional entregará un informe avaliando a actividade do/a estudante.

O/A titor/a académico/a avaliará a práctica e emitirá un informe coa cualificación final.


100
 
Observacións avaliación

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Nesta materia incorpórase a perspectiva de xénero (uso de linguaxe non
sexista, promóvese a participación de alumnos/as...). Tamén se
traballará para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. Atenderemos ás situacións de discriminación por razón de
xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas, no caso de
producirse.