Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A3 A4 B2 B6 B7 C1 C6 Valorarase a entrega en prazo, así como a asistencia ás horas asignadas á realización de prácticas. 30
Sesión maxistral A2 A3 A4 B1 B7 C6 Exame escrito para avaliar os coñecementos da materia. 30
Traballos tutelados A2 A3 A4 A6 B2 B6 B7 C1 C6 Entrega de traballos relativos as distintas partes da materia. 40
 
Observacións avaliación

Será necesario acadar unha nota igual ou superior a 5 no global da asignatura para superala, tras sumar a nota dos traballos tutelados, a solución de problemas e o exame escrito.


Avaliación na segunda oportunidade 
A nota do exame escrito ("Sesión maxistral") NON se mantén entre oportunidades. A nota global de "Traballos tutelados" así como do bloque de “Solución de Problemas” manteranse para a segunda oportunidade. Soamente as prácticas calificadas con SUSPENSO ou NON PRESENTADO na primeira oportunidade poderán entregarse na segunda oportunidade, sempre de acordo ao enunciado que se propoña para elo.

Matrícula con dispensa académica
O alumnado con matrícula con dispensa académica queda eximido da asistencia ás clases, pero deberá entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se establecerán durante o curso. É responsabilidade do alumnado poñer en coñecimiento do profesorado a súa circunstancia.