A avaliación da aprendizaxe contempla tanto un
exame da parte teórica (45%) como a avaliación das entregas asociadas ás
sesións interactivas (35%), a entrega dun traballo persoal e a exposición oral
do mesmo (15%), e a avaliación continua do alumnado ao longo do curso (5%).
Será requisito indispensable a superación de todas
as partes (exame, interactivas, traballo, avaliación continua), tendo en conta
os seguintes criterios:
1. Exame (45%): A parte teórica da materia
avaliarase nun único exame que se realizará na data oficial, que constará de
preguntas relacionadas con todos os temas do programa. O exame estará
especialmente orientado a avaliar a comprensión dos coñecementos expostos nas
clases teóricas. A nota do exame será a media ponderada dos módulos da materia,
que só se computará no caso de ter unha nota igual ou superior a 4 en cada
módulo.
2. Interactivas (35%): Haberá entregas
obrigatorias asociadas ás sesións interactivas relacionadas con cada módulo
teórico. Avaliaranse as solucións propostas polo alumnado ás prácticas
propostas. A avaliación das prácticas pode realizarse mediante unha corrección
por parte do profesor, unha defensa da solución aportada polo alumno ante o
profesor ou unha exposición oral da solución desenvolvida. (Aplicable aos
resultados das actividades formativas "Clases prácticas de
laboratorio", "Aprendizaxe por problemas, seminarios, estudos de
casos e proxectos" e "Realización de traballos tutelados"). A
nota media só se computará no caso de ter unha nota superior ou igual a 4/10 en
todas as entregas. Ademais, é obrigatoria a asistencia presencial a polo menos
o 60% das clases interactivas.
3. Traballo (15%): O alumnado deberá presentar un
traballo persoal e realizar unha exposición oral do mesmo segundo o calendario
establecido ao comezo do cuadrimestre. A avaliación do traballo tutelado
realizarase mediante unha defensa na que o alumnado expoña ao profesor a súa
proposta e conclusións, ou mediante unha exposición oral da solución diante da
aula. A cualificación obtida será a media da avaliación do traballo escrito e
da súa exposición oral. A media só se realizará se en cada parte se obtén unha
nota igual ou superior a 4.
4. Avaliación continua (5%): Terase en conta a
asistencia e participación activa do alumnado tanto nas clases expositivas como
na presentación de traballos, debates, seminarios, como nas sesións
interactivas que se realicen ao longo do curso. É obrigatoria a asistencia a
polo menos o 60% das sesións de presentación e seminarios.
A cualificación final da materia será a suma das
catro cualificacións parciais, agás nos supostos sinalados anteriormente. Cando
non se supere algunha parte, a cualificación final da oportunidade será a
mínima das cualificacións parciais.
O alumnado que non participase en ningunha das
actividades de avaliación obterá a cualificación de non presentado.
O alumnado que teña exención oficial de asistencia
a clase deberá realizar, en todo caso, o exame final escrito, así como todas as
entregas de prácticas e traballos que se establezan como obrigatorias ao longo
do curso e, no seu caso, realizar a exposición oralmente a partir delas. Nesta
modalidade, a titoría e as entregas serán virtuais e as presentacións poderán
facerse en telepresencia.
Na segunda oportunidade, o alumnado deberá superar
as actividades de avaliación pendentes da primeira oportunidade, de acordo cos
criterios anteriores.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios
ou probas será de aplicación o disposto na Normativa de avaliación do
rendemento académico do alumnado e revisión das cualificacións. A copia total
ou parcial de calquera exercicio práctico ou teórico suporá automaticamente
unha nota de 0,0 tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario