Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Proba obxectiva
Descrición
O desenvolvemento, tanto das clases maxistrais como das de resolución de problemas e os laboratorios de prácticas, realizarase atendendo ao progreso dos alumnos nas capacidades de comprensión e asimilación dos contidos impartidos. O avance xeral da clase compaxinarase cunha atención específica a aqueles alumnos que presenten maiores dificultades na tarefa da aprendizaxe e cun apoio adicional a aqueles que presenten maior desenvoltura e desexen ampliar coñecementos.

No que respecta ás tutorías individuais, dado o seu carácter personalizado, non deben dedicarse a estender os contidos con novos conceptos, senón a aclarar os conceptos xa expostos. O profesor utilizaraas como unha interacción que lle permita extraer conclusións respecto ao grao de asimilación da materia por parte dos alumnos.