Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A3 B3 B4 B6 B7 B10 C2 C3 C7 C8 As entregas das prácticas deben realizarse dentro do prazo establecido no campus virtual e deben seguir as especificacións indicadas no enunciado tanto para a súa presentación como o seu defensa. 50
Proba obxectiva A2 A3 B1 B6 B7 B10 C2 C3 Realización obrigatoria. Avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia. 45
Proba de resposta múltiple A2 A3 B1 B6 B7 B10 C2 Pequenos cuestionarios de avaliación continua que se propoñeran ao final dalgunhas sesións teóricas e onde se preguntará de maneira simple por algúns dos conceptos explicados en dita sesión. Avisarase con antelación. 5
 
Observacións avaliación

Cada alumno/a deberá alcanzar un mínimo de 40% da máxima nota das partes "Prácticas de Laboratorio" e "Proba obxectiva", e en calquera caso a suma das tres partes debe ser maior a 5 para superar a materia. De non cumprirse algún dosrequisitos anteriores, a cualificación da convocatoria establecerase de acordo coa menor puntuación obtida.

No caso de non obter o mínimo nas "Prácticas de laboratorio" ou "Proba obxectiva", o/a alumno/a terá unha segunda oportunidade na que só se lle esixirá aentrega desa parte.

Non se gardarán cualificacións entre anos académicos.

As entregas das prácticas deben realizarse dentro do prazo establecido no campus virtual, e seguirán as especificacións indicadas no enunciado tanto para a presentación como para a defensa.

Terá a condición de “Presentado/a” quen entregue todas asprácticas obrigatorias ou se presente á proba obxectiva no período oficial de avaliación.

Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa vixente da Universidade