Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A3 A4 B1 B3 B6 C2 C7 Avaliación de traballos prácticos 50
Proba mixta A2 A3 A4 B4 C8 Exame final 50
 
Observacións avaliación

Será necesario alcanzar un 40% da puntuación en cada parte. Para poder realizar o exame final é necesario alcanzar un 40% no traballo práctico.

A cualificación será de non presentado cando non se entregue ningún traballo práctico nin exame final.

Segunda oportunidade A avaliación realizarase cos mesmos criterios anteriormente descritos. Abrirase un novo prazo para a entrega dos traballos prácticos, no caso de que non se entregaran na primeira oportunidade.

- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario


- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.