Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Aprendizaxe Automática II | Código | 614544014 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Os contidos da materia impartiranse de maneira indistinta entre as clases expositivas as clases interactivas. A realización de todas as actividades propostas é necesaria, do mesmo xeito que a asistencia a todas as clases (expositivas e interactivas) para superar a materia. Clases Expositivas (teoría): consistirán na exposición e explicación dos diferentes apartados do programa da materia, coa axuda de medios electrónicos (presentacións, vídeos, etc.). |
Seminario | Estudo de casos: poderanse expor ao alumnado escenarios de traballo, reais ou ficticios, que presenten determinadas problemáticas. O alumnado deberá aplicar os coñecementos teórico-prácticos da materia para buscar unha solución á cuestión ou cuestións expostas. Como norma xeral, o estudo de casos realizarase en grupos. Os distintos grupos de traballo expoñerán e poñerán en común as súas solucións. |
Prácticas a través de TIC | Clases interactivas (prácticas): exporanse diferentes problemas prácticos relacionados co contido da materia para que o alumno resolva de forma individual ou en grupos. Aprendizaxe por proxectos: poderase expor ao alumnado proxectos prácticos cuxo alcance requira que se lle dedique un parte importante da dedicación total do alumno á materia. Traballo autónomo: o alcance e obxectivos dos proxectos, casos de uso e/ou problemas prácticos poderán requirir do traballo autónomo por parte de alumnado, aínda que coa tutela do profesorado. |
Proba mixta | Unha proba mixta que pode conter preguntas tipo test, preguntas de resposta curta ou preguntas de desenvolvemento. Vai a evaluar l parte teórica de la asignatura e pode conter preguntas sobre o conido dos seminarios ou exercicios práticos |