Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Aprendizaxe Automática II | Código | 614544014 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A11 A12 A13 A16 B4 B6 B7 | Prob obxetiva que pode ser un modelo mixto con preguntas tipo test e algunhas preguntas de resposta curta ou de desenvolvemento. | 50 |
Prácticas a través de TIC | A11 A12 A13 A16 B3 B6 B7 B8 C3 C4 C8 | Esta calificación incluirá a avaliación das leccións práticas e o proxecto desenvolvido. | 30 |
Seminario | A11 A12 A13 A16 B2 B4 B5 C7 C9 | Se incluirá a avaliación das lección e traballos realizados nos seminarios | 20 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia, o/a estudante terá que completar todas as actividades propostas e aprobar os exames correspondentes. Primeira oportunidade: Para superar a asignatura, o/a estudante deberá ter entregado e aprobado as actividades propostas (50% da cualificación final) e aprobar o exame final (50% da cualificación). Exames parciais: non haberá exames parciais. Segunda oportunidade: Mantense a nota obtida nas prácticas durante o curso e tamén o seu peso na nota final. Os/As estudantes que non alcanzaron a nota de corte nas actividades propostas durante a convocatoria anterior, poderán entregar, antes do exame final da segunda oportunidade, actividades semellantes ás non superadas, que serán propostas polos docentes. Unha vez aprobadas ambas partes por separado, o exame será o 50% da nota final e as prácticas o 50% restante. Dispensa de asistencia: No caso de dispensa de asistencia, os/as estudantes examinaranse nas mesmas condicións que os alumnos na primeira convocatoria. Estudantes repetidores: Os/As estudantes repetidores de anos anteriores examinaranse nas mesmas condicións que os alumnos na primeira convocatoria. Non presentado: O/A estudante recibirá a cualificación de "non presentado" cando non realice o exame final. Avaliación das competencias: En xeral, o desenvolvemento das actividades prácticas, proxectos e casos de uso, así como a preparación dos temas teóricos permitirán ao alumnado traballar as competencias básicas, xerais e transversais da materia. En concreto, a través dos proxectos e casos de uso, valoraranse as competencias CT7, CT9, CG5, CG4, CG2. O desenvolvemento das prácticas, así como a proba final, permitirá avaliar as competencias específicas: CE10, CE11, CE12, CE15. Igualdade: - Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) -Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. -Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |