Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Seminario
Traballos tutelados
Descrición
Traballos tutelados: é recomendable o uso de atención personalizada nestas actividades para resolver dúbidas conceptuais ou procedementais que poidan xurdir durante a resolución dos problemas prácticos. Ademais, a atención personalizada centrarase tamén na explicación, por parte do alumno, da solución proposta.

Seminario: o profesor axudará aos estudantes na comprensión das ferramentas prácticas.

Análise de fontes documentais: os estudantes poderán consultar aos profesores sobre os materiais de consulta previamente ás sesións maxistrais

Os alumnos con matrícula a tempo parcial terán unha atención personalizada en todas as metodoloxías anteriores mediante tutorización online.