Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Robótica Intelixente I | Código | 614544019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A18 B1 B6 B9 | Proba final de la materia que consistirá na realización dun exame individual e por escrito da parte de teoría. Criterios de evaluación xerais: * Respostas correctas e solucións adecuadas ás preguntas da proba. |
35 |
Análise de fontes documentais | A18 A19 B1 B3 B9 C5 | Poderase realizar unha reunión con cada grupo fóra das horas presenciais para facer unha avaliación da comprensión das fontes documentais, que serán proporcionadas os polos docentes previamente para a súa consulta e comprensión. Esta avaliación realizarase mediante pequenos informes ou presentacións que permitan coñecer de maneira obxectiva o grao de análise realizada. | 15 |
Traballos tutelados | B2 B7 C3 C7 C8 | Propoñeranse varios traballos prácticos ó longo do curso centrados na resolución de problemas mediante robots autónomos. Estes traballos serán desenvolvidos de forma autónoma por parte do alumno fora das clases e terán que ser defendidos posteriormente. | 50 |
Observacións avaliación | |||
Primeira oportunidade: A avaliación da materia constará de dúas partes diferenciadas: teoría (50%) e traballos prácticos (50%). A parte teórica será avaliada mediante unha proba obxectiva e mediante a Análise de fontes documentais realizada durante o curso. A parte práctica avaliarase a partir da solución conseguida aos Traballos Tutelados, que deberán ser presentadas ao final de cada un (puidendo incluír unha memoria). Será necesario aprobar a parte de teoría e a de prácticas por separado para poder aprobar a materia (mínimo de 25% en cada parte). Segunda oportunidade: Os alumnos deberán recuperar cada parte suspensa (teoría e-ou práctica). Si unha das dúas partes foi aprobada durante a primeira oportunidade, o alumno poderá optar por gardar a nota correspondente e só recuperar a parte suspensa. Na segunda oportunidade mantéñense os criterios de nota mínima establecidos na primeira convocatoria. Oportunidade adiantada Para esta oportunidade mantéñense os mesmos criterios que para a primeira, debendo o estudante concretar uns prazos de entrega cos profesores da materia. Alumnos con matrícula a tempo parcial ou dispensa académica Poderán acumular o 15% da nota correspondente á Análise de fontes documentais na Proba Obxectiva en culquier convocatoria. Esta modificación deberá solicitarse aos profesores da materia ao comezo do cuadrimestre. Así mesmo, en caso de non poder realizar a presentación oral co resto do alumnado, deberán concretar unha data alternativa cos profesores en todas as convocatorias. Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (https://www.udc.es/é/normativa/academica/) |