Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión de Proxectos de IA | Código | 614544021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A22 A30 B2 B4 B5 B7 B9 C9 | O profesorado da materia expón ao alumnado un problema ou problemas de carácter práctico cuxa resolución require a comprensión e aplicación dos contidos teórico-prácticos incluídos nos contidos da materia. O estudantado pode traballar na solución de forma individual ou en grupo | 50 |
Proba obxectiva | A20 A21 A22 A23 A29 A30 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C5 C8 C9 | As preguntas do exame teórico centraranse nos contidos específicos que se desenvolveron na materia en relación ás súas competencias e que poderán ser adquiridos tanto na parte expositiva como na interactiva | 50 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia, o alumnado deberá aprobar por separado tanto a teoría como a práctica da materia. As prácticas non se recuperan en xullo; excepto naqueles casos nos que o estudante alcance o 40% da nota máxima de prácticas, permitíndoselle entón que realice todas as prácticas respecto dun novo caso práctico especificamente exposto para unha posible recuperación. De ser así, o novo caso práctico será subido á plataforma virtual dúas semanas antes do exame teórico da materia. Na avaliación dos traballos entregados polo alumnado valorarase o grao de consecución das competencias e, en particular, a posta en práctica dos contidos achegados pola materia ás devanditas competencias. Ademais, valoraranse as competencias transversais sempre que sexan requiridas para o desenvolvemento destes traballos. As preguntas do exame teórico centraranse nos contidos específicos que se desenvolveron na materia en relación ás súas competencias e que poderán ser adquiridos tanto na parte expositiva como na interactiva. A duración media do exame é de aproximadamente 2 horas e poderá constar de preguntas tipo test, preguntas curtas e problemas de casos prácticos. No exame avaliarase o grao de asimilación dos obxectivos docentes establecidos no programa da materia. Non se realizará ningún exame parcial. Unha vez aprobadas ambas as partes por separado, cada parte contará un 50% na nota final. Para ter unha avaliación de NON PRESENTADO debe de concorrer algunha das seguintes circunstancias: 1. Non asistir polo menos ao 85% das prácticas da materia. 2. Non realizar o exame teórico da materia a pesar de superar as prácticas da materia. 3. Non realizar o exame teórico da materia e comunicar explicitamente e por escrito ao responsable da materia que se abandona a materia cando, aínda tendo realizado polo menos o 80% das prácticas da materia, non se aprobaron as devanditas prácticas. Peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de Xullo): 1. Mantense a nota conseguida nas prácticas durante o curso e tamén o seu peso na nota final. Os profesores facilitarán, na medida do posible e dentro dos horarios establecidos para a materia, a asistencia aos grupos de teoría e prácticas que mellor se axusten ás necesidades dos alumnos que teñen a matrícula a tempo parcial, para os que tamén aplica a forma de avaliación aquí establecida. Os alumnos con dispensa académica de exención de asistencia deberán asistir a todas as probas de avaliación. Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia, fraude académica e igualdade rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. A docencia impartirase en inglés. A docencia expositiva será impartida pola USC e retransmitida para todo o alumnado. Haberá un grupo de docencia interactiva específico e presencial en cada universidade (USC-UDC-UVigo). |