Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Ciberseguridade Intelixente | Código | 614544024 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Segundo | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A9 A20 A21 A22 A23 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 C9 | Avaliación das prácticas de laboratorio propostas mediante a entrega de memoria e/ou do código desenvolvido. A entrega destas prácticas é obrigatoria. Terán unha data de entrega e, opcionalmente, de defensa. |
40 |
Proba obxectiva | A9 A20 A21 A22 A23 A31 B1 B2 B4 B6 B7 B9 B10 | Proba escrita onde se avaliarán os contidos e competencias revisados nas sesións maxistrais e os aspectos teóricos da súa posta en práctica levada a cabo na sesión prácticas. O tipo de proba consistirá nun conxunto de preguntas tipo test ou cuestións de resposta curta sobre conceptos concretos. Realizarase na data oficial prevista no calendario da titulación. |
25 |
Traballos tutelados | A9 A20 A21 A22 A23 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 C9 | Avaliación da memoria do traballo (ou traballos) de investigación tutelado, de carácter teórico-práctico, asignado a cada alumno. Avaliarase a capacidade de síntese e a completitude e adecuada presentación das ideas e conceptos relativos ao tema escollido. A entrega destes traballos é obrigatoria. Terán unha data de entrega e, opcionalmente, de defensa. |
35 |
Observacións avaliación | |||
Para superar (e liberar) tanto os traballos prácticos coma os traballos tutelados requírese acadar un 40% da puntuación máxima prevista para estes elementos de avaliación. Non hai mínimo esixido para a proba obxectiva. Para superar a materia é preciso acadar os mínimos anteriores (nos traballos prácticos e tutelados) e sumar na nota final ponderada un mínimo de 5 puntos sobre 10. No caso de non obter o mínimo esixido para superar algunha das partes (traballos prácticos e /ou tutelados), o alumnado terá unha segunda oportunidade na que so entregará os elementos non superados. No caso de superar parte dos elementos avaliados, pero non acadar o mínimo preciso para aprobar a materia completa, a cualificación a incluír nas respectivas actas calcularase como o mínimo entre a media ponderada das partes superadas e 4.9. Terá a condición de "Presentado" quen entregue todas as prácticas e traballos obrigatorios ou se presente á proba obxectiva no período oficial de avaliación. As entregas das prácticas e traballos deben realizarse dentro do prazo establecido, e seguirán as especificacións indicadas no enunciado tanto para a presentación como para a defensa. Os profesores facilitarán, na medida do posible e dentro dos horarios establecidos para a materia, a asistencia aos grupos de teoría e prácticas que mellor se axusten ás necesidades dos alumnos que teñen a matrícula a tempo parcial, para os que tamén aplica a forma de avaliación aquí establecida. Os alumnos con dispensa académica de exención de asistencia deberán asistir a todas as probas de avaliación. Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia, fraude académica e igualdade rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. A docencia impartirase en inglés. A docencia expositiva será impartida pola UVigo e retransmitida para todo o alumnado. Haberá un grupo de docencia interactiva específico e presencial en cada universidade (USC-UDC-UVigo). |