Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Minería de Procesos | Código | 614544025 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A8 A10 A12 A17 A22 A23 A28 A29 B1 B6 B7 C5 | Exame no que se demostrará o dominio dos aspectos teóricos da minería de procesos. Deberase responder a un conxunto de cuestións sobre os conceptos de proceso e dos distintos tipos de analísticas de proceso. |
40 |
Prácticas de laboratorio | A9 A14 A15 A16 A20 A21 A31 A30 B2 B4 B5 B9 B10 C8 C9 | Realización dun proxecto que partirá desde a explicación do proceso e dos datos que son a entrada ás técnicas de minería de procesos e que o alumnado desenvolverá ao longo da materia. Nas prácticas, o alumnado terá que resolver as preguntas que se planteen en cada momento, usando as técncias máis apropiadas para obter información sobre as analíticas do proceso. | 60 |
Observacións avaliación | |||
Se o alumnado realiza a primeira entrega do proxecto, considerarase como presentado na materia. OPORTUNIDADE DE RECUPERACIÓN Os criterios de avaliación das partes de teoría e práctica na oportunidade de recuperación serán exactamente os mesmos que para a oportunidade ordinaria. Polo tanto, ademáis de superar o exame de teoría e os boletíns, para poder superar a materia será necesario asistir ás sesións prácticas interactivas (cos criterios de asistencia indicados máis abaixo). CONTROL DE ASISTENCIA A asistencia ás sesións prácticas interactivas é obrigatoria debido a que nelas se abordan conceptos chave da materia, o control de asistencia realizarase a través de follas de firmas que se deberán encher á finalización de cada unha das desións. Ademáis, se o/a alumno/a asiste a menos do 80% das sesións prácticas interactivas considerarase que non superou a materia. DETECCIÓN DE COPIA No caso da realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avalización, revisión e reclamación das cualificación dos estudos de grao e mestrao universitario da Universidade da Coruña. Normativa: Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf_2063069239.pdf (udc.es) |