Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 A5 A10 B1 C1 C5 C14 Desenvolvemento dun exame de preguntas breves sobre os contidos teóricos.
Para superar a materia é preciso superar o exame (obter un mínimo de 15 puntos).
30
Sesión maxistral A2 A5 A10 B1 B6 C1 C2 C4 C12 C13 A asistencia e participación (activa) ás clases de teoría, así como a atención ás cuestións tratadas nestes, dentro do proxecto final, terán unha valoración de até un punto na nota final. 10
Obradoiro A5 A10 B1 B5 C5 C8 C9 C10 C11 C12 C13 C14 As prácticas de obradoiro contan cunha valoración máxima de 2 puntos na nota final. A súa avaliación vai depender do número de prácticas entregadas en tempo e forma, así como da calidade dos traballos.

Para o cómputo das prácticas de obradoiro o/a estudante ten que asistir, desenvolvido e entregado -polo menos- o 80% do prácticas tipo taller (prácticas laboratorio).

Só se admitirán as prácticas entregadas en tempo e forma.
O incumprimento destes requerimentos implicará a anulación da entrega e, por tanto, da súa valoración (cero puntos).
20
Traballos tutelados A5 A10 B1 B5 B6 C1 C2 C4 C8 C9 C10 C11 C12 C13 C14 De realización grupal.
Conta cunha valoración máxima de 40 puntos. Parte desta nota (até 10 puntos) virá determinada pola presentación oral do traballo.

Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran estes requerimentos obterán unha valoración de 0 puntos.
40
 
Observacións avaliación
Coa proposta de cada traballo e/ou actividade a/s profesora/s explicarán detalladamente o contido e normas formais, así como o tipo de soporte e data de entrega. 

Para superar a materia o/a estudante deberá obter un mínimo de 5 na puntuación global (50 puntos), sendo preciso aprobar ambas as partes (polo menos, 15 puntos no exame teórico e 30 entre obradoiro e traballos tutelados). 

Neste cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante, así como tampouco aqueles traballos entregados fóra de prazo ou nun formato diferente ao indicado. Dada que unhas das competencias da materia é "Traballar en equipos interdisciplinares" (C10) na avaliación prevese a integración dalgún factor de corrección para aqueles grupos que non funcionen como equipo. 

No caso do alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia a avaliación das prácticas de laboratorio (taller  20% da nota) levará a cabo a través do traballo tutelado (que pasa a computar o 60% da nota, incluído un 10% de presentación) sendo preciso establecer entregas e fórmulas de seguimento coa/s docente/s. No caso da clase maxistral, dada a esencia presencial e participativa prevista para esta metodoloxía, é necesaria a asistencia para o seu cómputo (até un máximo de 10% da nota). 

No caso de que se detecte a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, debidamente comprobada, implicará un suspenso (nota numérica 0) na materia da convocatoria correspondente do curso académico, tanto si a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.  

Aqueles/as estudantes que na avaliación continua (primeira convocatoria) non superen a materia, na segunda convocatoria deberían presentarse unicamente coa parte suspensa. 

No caso de que se suspendeu a parte práctica o/a estudante, debería desenvolver novamente o proxecto final, de forma individual, atendendo ás temáticas-indicacións que para a SEGUNDA CONVOCATORIA sinalen as docentes. Este proxecto tería un valor de 6 puntos na nota final, 1 punto derivado da presentación-defensa oral do proxecto.

No caso de que, aínda superando ambas as partes o/a estudante non consiga aprobar a materia deberá porse en contacto coas docentes da materia para abacelar que parte ou partes debería repetir e como.