Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B8 C2 C7 C8 C11 C12 Realización das tarefas prácticas propostas. 20
Traballos tutelados B3 B5 B8 C1 C4 C9 C11 C13 Avaliarase a calidade do traballo realizado e a súa xustificación. 40
Proba mixta A7 A8 A20 C4 C5 C9 Proba individual escrita, sobre os contidos da materia. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación global superior a 5, e ademais:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) nos traballos tutelados.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na proba mixta.

De non obter algunha destas notas mínimas, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.


SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superasen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados: poderán recuperarse no caso de que non foran entregados ou non se acadase a nota mínima na primeira oportunidade. 
  • Prácticas a través de TIC: cada práctica poderá recuperarse realizando unha nova entrega na segunda oportunidade.
  • Proba mixta: poderá recuperarse realizando o exame, nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Na segunda oportunidade mantéñense as mesmas porcentaxes de avaliación e notas mínimas da primeira oportunidade.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das partes.


NORMATIVA ACADÉMICA

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.