Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A7 A9 A25 B2 B4 B6 C2 C4 C5 C8 C10 C11 C12 C15 Avaliarase a solución aplicada polos estudantes ao problema proposto e a interacción entre os membros do grupo. 30
Traballos tutelados A7 A9 A25 B2 B4 B6 C2 C4 C5 C8 C10 C11 C12 C15 Avaliarase que o traballo realizado cumpre cos criterios descritos no enunciado. 60
Presentación oral A7 A9 A25 B2 B4 B6 C2 C4 C5 C8 C10 C11 C12 C15 Ao remate dos traballos tutelados, cada alumno realizará unha defensa ante os docentes do seu traballo. O resultado desta defensa ponderará a cualificación obtiva no traballo tutelado de xeito que a súa calificación pode aumentar ou desdecender. 10
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

As prácticas a través de TIC se avaliarán de xeito continuo.

Para superar a materia é necesario superar cada unha das prácticas a través de TIC, o traballo tutelado, e a presentación oral. Se non se supera algún destas actividades, a nota máxima global da materia non superará o 4,5 e polo tanto estará suspensa.

Todo alumno que non realice a presentación oral ou o traballo tutelado terá a cualificación de NON PRESENTADO.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A calificación das actividades superadas manterase na segunda oportunidade. Do mesmo xeito que na primeira oportunidade, para superar a materia é necesario superar cada unha das prácticas a través de TIC, o traballo tutelado, e a presentación oral. Se non se supera algunha destas actividades, a nota máxima global da materia non superará o 4,5 e polo tanto estará suspensa.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.