Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases expositivas: proporcionarán unha breve introdución aos contidos teóricos. O profesorado fará exposicións apoiándose en material que será distribuído ao alumnado.
Solución de problemas Clases interactivas: Nestas sesións o profesorado axudará ao alumnado a seguir pequenos titoriais de cada unha das tecnoloxías seleccionadas. Ademais, o profesorado acompañará ao alumnado no uso das tecnoloxías seleccionadas para resolver pequenos problemas.
Prácticas a través de TIC Permitirán a avaliación continua: Mediante probas ou entregas periódicas. Avaliarán principalmente aspectos vistos nas clases interactivas.
Proba mixta Avaliación mediante exames: Os exames realizaranse nas datas oficiais que se determinen no calendario. Estes exames terán preguntas e exercicios relacionados cos contidos teóricos e prácticos da materia.
Traballos tutelados Avaliación mediante traballo tutelado (proxecto): Avaliará tanto aspectos das clases expositivas como interactivas. Partindo dun suposto inicial, o alumnado deberá completar unha serie de tarefas prácticas que se documentarán nunha memoria técnica. A avaliación considerará esta memoria e, opcionalmente, poderá requirir dunha exposición por parte do alumnado.