Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A31 A35 A37 Os problemas propostos polo profesorado serán resoltos de forma individual polo alumnado. A avaliación poderá realizarse mediante probas e/ou entregas de traballos de pequeno tamaño. 30
Proba mixta A9 A23 O exame avaliará tanto contidos de teoría como prácticos. A nota será unha nota individual. 40
Traballos tutelados A9 A23 A31 A35 A37 Será un traballo de maior entidade que os da avaliación continua, podendo ser individual ou realizado en grupo. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario alcanzar como mínimo un 40% da puntuación total tanto avaliación de traballos prácticos (avaliación continua e traballo tutelado) como no exame, alcanzando ademais como mínimo un 5 sobre 10 na media das dúas partes.

Considerarase presentado calquera alumno que presente algún traballo ou se presente ao exame.

Período extraordinario: 

Para a avaliación extraordinaria o alumnado terá a oportunidade de volver a realizar os traballos do período ordinario. No caso da avaliación continua, será unha única proba ou entrega. As porcentaxes de nota será idénticas ás do período ordinario.  Se un alumno se presenta a unha parte, a nota substituíra a anterior (se a houbese), e se non se presenta mantense a nota anterior. Considerarase presentado calquera alumno que realice as probas ou entregas de calquera das 3 partes. 

O alumnado repetidor terá que seguir o mesmo sistema de avaliación que o resto de alumnado, e en ningún caso se manteñen cualificacións entre distintos cursos.