Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumno deberá realizar e aprobar o traballo práctico e titorizado proposto, que supón o 60% da nota final, así como superar o exame final, que constitúe o 40% restante. Para iso será necesario obter unha nota igual ou superior a 5 na nota global. Ademais, esíxese acadar polo menos un 4 en cada unha das partes avaliadas para que se poida promediar. As preguntas do exame final centraranse nos contidos específicos que se desenvolveron na materia en relación coas súas competencias e que puidese ser adquiridos polo alumno tanto na parte expositiva como na interactiva.

Debido ao carácter bimestral da materia, non se realizará ningún exame parcial. 

Avaliación extraordinaria:

Só se mantén a nota acadada nas prácticas (traballos prácticos e tutelados) durante o curso e tamén o seu peso na nota final. O alumnado que non acadase a nota de corte nas actividades propostas na convocatoria anterior poderá presentar, en data anterior ao exame final de segunda oportunidade, actividades similares ás non superadas, que serán propostas polo profesorado.

As preguntas do exame final centraranse nos contidos específicos que se desenvolveron na materia en relación coas súas competencias e que puidese ser adquiridos polo alumno tanto na parte expositiva como na interactiva.

Evaluación de fin de programa ou dispensa académica:

Os alumnos repetidores e/ou con dispensa académica serán examinados nas mesmas condicións que os alumnos da primeira convocatoria.

Non presentado:

O alumno recibirá a cualificación de "non presentado" cando non se realice o exame final.

Realización fraudulenta de exercicios ou probas:

Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na normativa oficial de avaliación do rendemento de cada institución. En particular, no caso de detectarse algunha forma de plaxio nalgunha das probas ou exames, a nota final será de SUSPENSO (0), e darase conta da incidencia ás autoridades académicas correspondentes.