Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A37 A46 A79 A80 Entregarase un informe das prácticas desenroladas 20
Traballos tutelados A37 A79 A80 Durante o curso propoñerase a realización de polo menos un traballo que debe ser defendido/presentado oralmente. 40
Proba obxectiva A25 A67 A proba obxectiva escrita ten o obxectivo de comprobar se o alumno adquiriu as competencias fixadas como obxectivo desta materia. A proba obxectiva realizarase nas convocatorias oficiais de Xaneiro e Xullo. 40
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100.

A nota final obterase sumando as puntuacións obtidas no Traballo tutelados, a Proba obxectiva e as Prácticas de Laboratorio, sempre e cando se cumpra a condición de que a nota da Proba obxectiva sexa maior ou igual que 20 sobre 40.

No caso de que non se cumpran as condicións anteriores e a suma supere os 50 puntos, a nota final será un 45.

As notas de cada un dos apartados só serán válidas na primeira oportunidade do curso académico no que se obteñan.

A entrega do traballo só podera realizarse na primeira oportunidade.

A puntuación da segunda oportunidade e da convocatoria adelantada será a obtida únicamente nunha proba mixta.

A aqueles estudantes matriculados a tempo parcial que non poidan acudir ao laboratorio para realizar os Traballos tutelados, terán un traballo diferente enfocado que non requira da parte práctica.

Tódolos aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.