Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A25 A64 Valoración dos resultados obtidos na resolución de problemas de contido teórico e/ou práctico da materia.

10
Prácticas a través de TIC A37 A45 Valoración dos resultados e coñecementos obtidos nas prácticas desenvolvidas. 20
Traballos tutelados A37 A45 Valoración dun traballo autónomo baseado no contido teórico e/ou práctico da materia. 30
Proba obxectiva A25 A64 Valoración das competencias asimiladas na materia. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

As prácticas consistirán en exemplos de aplicación da teoría vista
nas sesións maxistrais. A súa valoración farase de xeito continuado, ó remate
dos prazos indicados. 

A proba obxetiva dividirase nunha parte orientada a valorar o
nivel de asimilación dos resultados das prácticas e noutra a valorar o nivel de
coñecementos xerais adquiridos na materia.

Alumnos matriculados a tempo parcial: non se esixirá a asistencia
ás prácticas.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS

Os alumnos terán a opción de conservar as notas de prácticas e/ou
traballos tutelados obtidas durante o curso académico e terán que realizar unha
proba mixta, establecéndose a nota nas mesmas porcentaxes aplicadas na primeira
oportunidade. O resto do alumnado (incluido o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia) terá
que realizar unha proba mixta (70% da nota) e entregar un traballo tutelado
(30% da nota). 

OUTROS COMENTARIOS

Non se conservará ningunha das notas obtidas para os cursos
académicos posteriores.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.

Tódolos aspectos relacionados con “dispensa
académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica”
rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.