Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A25 A37 A46 A68 A82 Proba de avaliación que se realizará ao final de curso nas correspondentes convocatorias oficiais. Consistirá nunha proba na que será necesario responder a diferentes cuestións teórico-prácticas e/ou resolución de problemas. 40
Prácticas de laboratorio A25 A37 A46 A68 A82 Exporanse diferentes problemas prácticos relacionados co contido da materia para que o alumno resolva de forma individual ou en grupos. 30
Traballos tutelados A25 A37 A46 A68 A82 Proporanse traballos tutelados a realizar polo estudante no marco da asignatura e que serán evaluados. 30
 
Observacións avaliación
Primeira oportunidade:

Para aprobar a materia, o alumno deberá completar e aprobar os traballos prácticos (30%) e tutelados (30%) propostos, que representan o 60% da cualificación final, así como superar o exame final, que constitúe o 40% restante. Para iso, será necesario obter unha nota igual ou superior a 5 na cualificación global. Ademais, requírese alcanzar polo menos un 4 en cada unha das partes avaliadas para que se poida promediar.

As preguntas do exame final centraranse nos contidos específicos que se desenvolveron na materia en relación coas súas competencias e que poderán ser adquiridos polo alumno tanto na parte expositiva como na interactiva.

Exames parciais:

Non se realizará ningún exame parcial.

Segunda oportunidade e oportunidades extraordinarias:

Mantense a nota conseguida nas prácticas (traballos prácticos e tutelados) durante o curso e tamén o seu peso na nota final. Os alumnos que non alcanzasen a nota de corte nas actividades propostas durante a convocatoria anterior poderán entregar, en data previa ao exame final de segunda oportunidade, actividades similares ás non superadas, que serán propostas polos docentes. Unha vez aprobadas ambas todas as partes avaliadas por separado, o exame será o 40% da nota final e as prácticas o 60% restante (30% traballos prácticos e 30% traballos tutelados). Para aprobar a materia será necesario obter unha nota igual ou superior a 5 na cualificación global. Ademais, requírese alcanzar polo menos un 4 en cada unha das partes avaluadas para que se poida promediar.

As preguntas do exame final centraranse nos contidos específicos que se desenvolveron na materia en relación coas súas competencias e que poderán ser adquiridos polo alumno tanto na parte expositiva como na interactiva.

Alumnos repetidores e/o con dispensa de asistencia:

Os alumnos repetidores e/o con dispensa de asistencia examinaranse nas mesmas condicións que os alumnos en primeira convocatoria

Non presentado:

O alumno recibirá a cualificación de "non presentado" cando non se realice o exame final.

Realización fraudulenta de exercicios ou probas:

Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido nas normativas de avaliación do rendimento oficiais de cada institución (USC, UDC, Uvigo). En particular, se se detecta calquera forma de plaxio nalgunha das probas ou exames, a cualificación final será SUSPENSO (0), e denunciarase o incidente ás autoridades académicas correspondentes.

Tódolos aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.