Metodoloxías Descrición
Presentación oral Clases teóricas, nas que se expón o contido de cada tema. O alumno dispoñerá de copias das transparencias con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno.

Clases teóricas: impartidas polo profesor e exposición de seminarios. Competencias traballadas: CMP6, S-CP4, I-CP1, V-CP3.
Prácticas a través de TIC Clases prácticas na aula de informática, que permiten ao alumno familiarizarse desde un punto de vista práctico coas cuestións expostas nas clases teóricas.

Clases prácticas de laboratorio, resolución de problemas e casos prácticos. Competencias traballadas: CMP6, S-CP4, I-CP1, V-CP3.

Proba mixta Proba de conceptos teóricos e/ou exercicios prácticos.
Traballos tutelados Actividades formativas de carácter presencial e a súa relación coas competencias da titulación

Actividades formativas de carácter non presencial e a súa relación coas competencias da titulación:

- Traballo persoal do alumno: consulta de bibliografía, estudo autónomo, desenvolvemento de actividades programadas, preparación de presentacións e traballos. Competencias traballadas: CMP11, CMP13, CMP6, S-CP4, I-CP1, V-CP3.