Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A6 A11 A13 A43 A44 A51 A60 A63 A69 A76 A78 A84 Examen final. Nesta parte avaliaranse implícita ou explicitamente as competencias CMP6, S-CP4, I-CP1, V-CP3. 40
Prácticas a través de TIC A6 A11 A13 A43 A44 A51 A76 A78 A84 Os alumnos abordarán a resolución de diversos problemas propostos na aula de informática. Deberán realizar traballos nos que se presenten os resultados obtidos. Varios destes traballos serán de entrega obrigatoria e outros opcionais, que permitirán subir a nota. Todos os traballos deberán ser entregados antes das datas que se especificarán e deberán cumprir uns requisitos mínimos de calidade para ser tidos en consideración. Valorarase o grao de cumprimento das especificacións, a metodoloxía e rigorosidade e a presentación de resultados. Nesta parte avaliaranse implícita ou explicitamente as competencias CMP6, S-CP4, I-CP1, V-CP3. 40
Traballos tutelados A60 A63 A69 Competencia avaliada CMP11, CMP13, CMP6, S-CP4, I-CP1, V-CP3 20
 
Observacións avaliación

Sistema
de avaliación da aprendizaxe






Oportunidade ordinaria:


Contribución á nota final e criterios de avaliación:


- Exame final: 40%


Nesta parte avaliaranse implícita ou explicitamente as competencias CMP6,
S-CP4, I-CP1, V-CP3.


- Avaliación de traballos práctico: 40% da nota


Os alumnos abordarán a resolución de diversos problemas propostos na aula de
informática. Deberán realizar traballos nos que se presenten os resultados
obtidos. Varios destes traballos serán de entrega obrigatoria e outros
opcionais, que permitirán subir a nota. Todos os traballos deberán ser
entregados antes das datas que se especificarán e deberán cumprir uns
requisitos mínimos de calidade para ser tidos en consideración. Valorarase o
grao de cumprimento das especificacións, a metodoloxía e rigorosidade e a
presentación de resultados. Nesta parte avaliaranse implícita ou
explicitamente as competencias CMP6, S-CP4, I-CP1, V-CP3.


- Avaliación de traballos tutelados: 20% Competencia avaliada CMP11, CMP13,
CMP6, S-CP4, I-CP1, V-CP3


Para superar a materia, debe conseguirse unha puntuación total de 5 ou
superior. É imprescindible para aprobar entregar todas as prácticas indicadas
como obrigatorias.


Condición para cualificación de Non Presentado: non presentar ningunha
práctica.


Os alumnos que non sexan de nova matrícula non conservan notas de cursos
anteriores.


Oportunidade de recuperación (xullo) e extraordinaria:


A valoración será igual que na oportunidade ordinaria. Os alumnos que non
entregaron os traballos propostos ao longo do cuadrimestre deberanos entregar
antes da data establecida.


Condición para cualificación de Non Presentado: non presentar ningunha
práctica.

No caso de realización fraudulenta de
exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de
cualificacións.

En aplicación da Normativa sobre plaxio, a copia total ou parcial dalgún exercicio de prácticas ou
teoría suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación
de 0,0 en ambos casos.