Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio O/A docente plantexará unha serie de exercicios orientados a poñer en práctica as tecnoloxías e técnicas tratadas de forma teórica nas clases maxistrais.
Traballos tutelados O alumnado deberá realizar un estudo de caso completo, consistente na abordaxe, deseño, desenvolvemento e presentación dun sistema Smart Health que faga uso das tecnoloxías e técnicas tratadas no temario
Sesión maxistral Na primeira hora de clase descríbese o marco no que se sitúa a materia e detállanse as actividades concretas a realizar polo alumnado para acadar os obxectivos formativos previstos. En sesións posteriores, o docente exporá os conceptos fundamentais abordados na materia, facendo fincapé nos aspectos máis complexos e propoñendo exemplos da súa aplicación.