Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A25 A37 A42 A55 A75 Avaliación dos conceptos explicados nas clases maxistrais 40
Traballos tutelados A25 A37 A42 A55 A75 Avaliación do traballo tutelados 30
Prácticas de laboratorio A25 A37 A42 A55 A75 O alumnado entregará unha memoria de cada un dos exercicios prácticos propostos na materia. O informe describirá cuantitativa e cualitativamente as solucións adoptadas, xustificando o seu uso fronte a outras alternativas cando proceda. 30
 
Observacións avaliación

O alumnado deberá obter unha nota mínima de 3,5 puntos (sobre 10) en cada un dos apartados para superar a materia. Sempre que se cumpra esta condición, a Nota Final (NF) do/a alumno/a será a media aritmética ponderada das cualificacións obtidas en cada apartado. No caso de que o/a alumno/a non acadase unha nota de 3,5 nalgún dos apartados, a Nota Final será a mínima entre 4,9 e o valor obtido segundo a relación anterior.

No caso de que o alumnado non opte pola avaliación continua (con razón xustificada) a súa avaliación será única e consistente nun examen e un traballo tutelado (60% e 40% da nota respectivamente). 

Na segunda oportunidade e nas oportunidades extraordinarias a avaliación será única, consistente nun examen e un traballo tutelado (60% e 40% da nota respectivamente).  No caso de que dispoña dalguna nota da avaliación continua se lle mantendrá para a segunda oportunidade.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”