Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas de laboratorio na medida do posible, xunto coa entrega dun informe final das prácticas.
Traballos tutelados Realizarase un traballo individual ou colectivo (dependendo do número de alumnos) que terá que ser presentado na clase.
Proba obxectiva Consiste na realización dunha proba obxectiva dunha duración aproximada de 2 horas, na que se avaliarán os coñecementos adquiridos.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, co obxectivo de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A orde dos temas impartidos non terá que ser a descrita na guía docente. Ademais, haberá temas que se poidan ver conxuntamente no desenvolvemento doutros, xa que a división entre eles pode non ser estrita.