Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A37 A52 A70 Avaliación dos resultados obtidos durante as prácticas de TIC 40
Proba mixta A37 A52 A70 Valoración dos coñecementos adquiridos durante as prácticas de TIC. 30
Proba obxectiva A37 A52 Valoración das competencias asimiladas na asignatura. 30
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade

As prácticas consistirán en diferentes supostos prácticos que o alumno deberá resolver e describir mediante a entrega dun traballo final. A valoración deste traballo final suporá o 40% da nota.

Por outra banda, efectuarase unha defensa escrita de dito traballo, mediante un test de preguntas relacionadas co mesmo. Este test suporá o 30% da nota.

Sobre os contidos teóricos da materia, efectuarase tamén un test final de preguntas curtas e de desenvolvemento que suporá o restante 30% da nota.

En cada parte o alumno deberá obter unha nota de polo menos 4 sobre 10 para dar por superada a asignatura.

Alumnos matriculados a tempo parcial: non se esixirá asistencia ás clases de prácticas.

Segunda oportunidade e convocatorias extraordinarias

Para a segunda oportunidade e convocatorias extraordinarias formularase un test sobre o contido teórico da asignatura (40% da nota final) e unha proba práctica (60% da nota final). Esta proba práctica consistirá en resolver un ou varios supostos prácticos e responder a unha serie de cuestións curtas. Igual que na primeira oportunidade, o alumno deberá obter polo menos un 4 sobre 10 en cada parte para dar por superada a asignatura.

No caso de ter obtido a nota mínima tanto no traballo práctico como no test de defensa na primeira oportunidade, o alumno poderá conservar ditas notas, nese caso para a segunda oportunidade e convocatorias extraordinarias só tería que realizar o test sobre o contido teórico.

OUTROS COMENTARIOS

Non se conservará ningunha das notas obtidas para os cursos académicos posteriores.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Tódolos aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.