Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A25 A71 Valoración dos resultados obtidos na resolución de problemas de contido teórico e/ou práctico da materia.

10
Prácticas a través de TIC A37 A53 Valoración dos resultados e coñecementos obtidos nas prácticas desenvolvidas. 20
Traballos tutelados A37 A53 Valoración dun traballo autónomo baseado no contido teórico e/ou práctico da materia. 30
Proba obxectiva A25 A71 Valoración das competencias asimiladas na materia. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

As prácticas consistirán
en exemplos de aplicación da teoría vista nas sesións maxistrais. A súa
valoración farase de xeito continuado, ó remate dos prazos indicados. 

A proba obxetiva
dividirase nunha parte orientada a valorar o nivel de asimilación dos
resultados das prácticas e noutra a valorar o nivel de coñecementos xerais
adquiridos na materia.

Alumnos matriculados a
tempo parcial: non se esixirá a asistencia ás prácticas.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E
CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS

Os alumnos terán a
opción de conservar as notas de prácticas e/ou traballos tutelados obtidas
durante o curso académico e terán que realizar unha proba mixta, establecéndose
a nota nas mesmas porcentaxes aplicadas na primeira oportunidade. O resto do
alumnado (incluido o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia) terá que realizar unha proba
mixta (70% da nota) e entregar un traballo tutelado (30% da nota). 

OUTROS COMENTARIOS

Non se conservará
ningunha das notas obtidas para os cursos académicos posteriores.

A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario.



Tódolos aspectos
relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e
“fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.