Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A1 B3 Realizaranse 4 probas de avaliación durante os seminarios da materia que supoñerán, cada unha delas, ata o 15% da nota final.
En cada unha destas probas, o alumnado deberá resolver un problema práctico da materia, do mesmo tipo que os presentes nos boletíns de problemas, podendo utilizar o seu computador portátil e o software explicado durante as probas de laboratorio.
60
Sesión maxistral A1 B3 Non se realizarán probas de avaliación durante as sesións maxistrais. 0
Prácticas de laboratorio A1 B3
0
Proba obxectiva A1 B3 O exame final, cun valor entre o 40 e o 100% (dependendo da cualificación obtida nesta mesma proba e no apartado "Seminario") consistirá en realizar unha proba escrita tipo test. 40
 
Observacións avaliación

O alumnado acabará o período de clases cun máximo dun 60% da cualificación, que obterá a través de catro controles que se realizarán nas sesións de seminarios (cun peso dun 15% cada un). En cada un destes controis, cada estudante resolverá un ou varios problemas prácticos de desenvolvemento utilizando o seu computador portátil e o software Python, explicado nas prácticas de laboratorio.

O profesorado poderá esixir a defensa oral dalgún destes controis a parte do alumnado.

Nota: Se se detectase algunha actividade ilícita na realización dalgún destes controis (exercicios copiados, utilización inadecuada de recursos on-line, etc.) todas as persoas involucradas terán unha cualificación de 0 no control en cuestión e, en función da gravidade do feito, o profesorado poderá decidir unha cualificación global de 0 en todo o apartado de "Seminario".

Nota 2: O uso de ferramentas de intelixencia artificial (ChatGPT, Github Copilot, etc.) durante os controis de prácticas queda totalmente prohibido, salvo consentimento explícito do profesorado. O seu uso en calquera dos controis carrexará unha cualificación global de 0 en todo o apartado de "Seminario".

Nas datas que estableza a Xunta de Facultade, o alumnado realizará, por escrito, unha proba obxectiva (exame final) da materia. A nota obtida nesta proba se reescalará de forma que cada estudante teña a oportunidade de recuperar a parte que perdese na avaliación correspondente aos seminarios. Desta maneira, a nota desta proba supoñerá entre un 40 e un 100% da nota final da materia.

Con todo, é necesario obter unha calificación igual ou superior a 2,50 puntos, sobre 10, na devandita proba obxectiva para superar a materia. Se non se alcanzase dita cualificación, non se sumará a nota do apartado "Seminario", polo que nas actas só aparecerá a nota da proba obxectiva.

A proba obxectiva correspondente á segunda oportunidade (xuño ou xullo) rexerase polos mesmos principios que a da primeira oportunidade.  

A avaliación dos Seminarios e as prácticas de laboratorio do alumnado con matrícula a tempo parcial poderase realizar atendendo, na medida do posible, ás súas circunstancias particulares.

Polo que respecta á convocatoria extraordinaria de decembro, o proceso de avaliación incluirá:

a) unha proba obxectiva que puntuará un máximo de catro puntos,

b) un exame para avaliar os coñecementos adquiridos nas prácticas de laboratorio, que puntuará un máximo de seis puntos.