Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Matemática Discreta | Código | 614G01004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A1 A3 B1 B3 B7 C6 | Ao longo do curso realizarase unha avaliación dos distintos temas onde se exporán definicións dos conceptos introducidos, cuestións e exercicios similares aos do correspondente boletín. Valorarase a resposta correcta ás cuestións e exercicios expostos e, a presentación e a claridade da exposición realizada. Poderase ter en conta a actitude participativa do alumnado na resolución das cuestións formuladas durante as prácticas. |
20 |
Proba obxectiva | A1 A3 B1 B3 C1 | Ao final do curso haberá unha proba escrita. Esta proba inclúe: - Preguntas curtas que permiten avaliar se o estudante comprendeu os conceptos teóricos básicos. - Problemas cun grao de dificultade similar aos realizados na clase e aos presentados nas coleccións de exercicios propostos. Avaliarase o dominio dos conceptos teóricos da materia, a comprensión deles e a súa aplicación na resolución de exercicios. Asimesmo, valorarase a claridade, a orde e a presentación dos resultados expostos. Para aprobar o curso é necesario obter máis de 3,2 puntos dos 8 posibles na proba escrita. A presentación á proba final do curso supón que o/a estudante rematou o proceso de avaliación continua. |
80 |
Observacións avaliación | |||
Observación importante: A realización fraudulenta das Avaliación do alumnado matriculado a tempo parcial: Dependendo das particularidades de cada caso concreto e as posibilidades do profesorado encargado do grupo ao que estea asignado un estudante matriculado a tempo parcial, axustarase as probas da avaliación continua para que o devandito estudante poida obter a mesma cualificación que un estudante de matrícula ordinaria. Avaliación do alumnado matriculado con necesidades dalgunha adaptación curricular: Dependendo das particularidades de cada caso e as posibilidades do profesorado, axustaranse as probas de avaliación para que o devandito estudante poida realiza-las mesmas probas que os seus compañeiros. Na oportunidade adiantada a decembro: O exame cualificarase sobre dez puntos, sendo necesario obter polo menos un cinco para aprobar a materia. |