Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 B1 B3 C2 C6 Avaliación continua, con realimentación por parte do profesorado, do traballo realizado polo alumnado nas prácticas de laboratorio. 30
Solución de problemas A2 B1 B3 C2 C6 Avaliación continua, con realimentación por parte do profesorado, do traballo realizado polo alumnado nas sesión de solución de problemas. 20
Proba mixta A2 B1 B3 C2 C6 A proba mixta consistirá en dar resposta por escrito a unha combinación de preguntas teóricas e a resolución de problemas. Realízase nas datas fixadas no calendario de exames do centro. 50
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade

O alumnado que non realice a proba mixta será cualificado como "non presentado".

A nota total (0 a 10 puntos) obtense da suma das notas das prácticas de laboratorio (0 a 3 puntos), solución de problemas (0 a 2 puntos) e da proba mixta (0 a 5 puntos).

Para superar a asignatura é necesario que se cumpran as dúas condicións seguintes:

1) A nota total é maior ou igual ao 50% (5 puntos da nota total).

2) A nota da proba mixta é maior ou igual ao 15% (3 puntos sobre 10 da nota da proba mixta). En caso contrario, a nota total dividirase á metade.

Segunda oportunidade

Somente se avaliará a proba mixta na data indicada no calendario de exames do centro. As condicións da cualificación como "non presentado" e para superar a asignatura son as mesmas que na primeira oportunidade.

Oportunidade adiantada

Mesmas condicións que no caso da segunda oportunidade.

Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente na UDC.