Solución de problemas |
Nas clases de problemas, presentaranse supostos prácticos directamente relacionados cos conceptos teóricos para reforzar eses conceptos. Nun principio serán resoltos polo/a profesor/a para guiar aos/ás estudantes. Conforme se avance no desenvolvemento dos contidos teóricos, proporaser a resolución de problemas por parte dos/as alumnos/as, constituídos en grupos de traballo.
Tanto nas clases de problemas coma nos exemplos amosados durante as exposicións teóricas, cando estes impliquen o desenvolvemento de código ou seudocódigo, este realizarase mostrando os sucesivos pasos do deseño descendente. Con isto pretendemos: (a) que o alumnado se acostume ao uso deste método; e (b) evitar que se perda nos detalles de sintaxe e as características particulares da linguaxe, en lugar de fixar a súa atención na comprensión e deseño da solución.
Como actividades para realizar fora do aula, formularanse exercicios adicionais que o alumnado deberá resolver e comentar/corrixir co/a profesor/a durante as horas de titorías, colectivas e/ou individuais. Trátase de fomentar a participación do alumnado e promover, na medida do posible, o diálogo aberto e a valoración de solucións.
|
Prácticas de laboratorio |
As clases de prácticas consistirán na realización de prácticas continuas e incrementais de programación sobre estruturas de datos nunha linguaxe de alto nivel. Impoñerase unha periodicidade na súa entrega a modo de seguimento para fomentar o traballo continuo. O enunciado das prácticas, que se proporcionará coa suficiente antelación para que o alumnado o lea con detemento e o analice en profundidade, detallará o problema e as especificacións, que deberán respectarse estritamente. Posteriormente, o labor do profesorado será o de supervisar as sesións de prácticas, solucionando dúbidas e corrixindo erros de interpretación, malos hábitos de programación, erros de sintaxe, etc. |
Proba obxectiva |
Avaliación sumativa do/a estudante mediante un exame final ao termo do cuadrimestre co obxectivo de que este/a poida demostrar que adquiriu os coñecementos necesarios de abstracción e deseño de TADs e que se adestrou o suficiente como para posuír as habilidades precisas para resolver supostos prácticos que impliquen a aplicación das devanditas estruturas. |